A tartaruga vermella

Estrea 12 de marzo

A tartaruga vermella

Historia sen diálogos sobre un náufrago nunha illa tropical deserta, poboada de tartarugas, caranguexos e aves. O filme conta as grandes etapas da vida dun ser humano. Debut na longametraxe do animador Michael Dudok de Wit (gañador do Oscar pola súa curtametraxe Father and Daughter) que ademais escribiu o guión canda Pascale Ferran (Pequeños arreglos con los muertos). O famoso animador xaponés Isao Takahata (O conto da princesa Kaguya) traballa como produtor artístico.

  • Título orixinal: La tortue rouge
  • Ano: 2016
  • Duración: 80 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Michael Dudok de Wit
  • Guión: Michael Dudok de Wit, Pascale Ferran
  • Montaxe: Céline Kélépikis
  • Dirección de arte: Julien De Man
  • Son: Alexandre Fleurant
  • Música: Laurent Perez del Mar
  • Produtora: Prima Linea Productions, Why Not Productions, Wild Bunch, CN4 Productions, Arte France Cinéma (Francia), Studio Ghibli (Xapón), Belvision (Bélxica)
  • Distribuidora: Karma Films
Cannes 2016 (Premio especial do xurado Un certain Regard), Donostia 2016 (Perlas), Xixón 2016 (AnimaFICX)