A rata pirata

A rata pirata

Coidado coa rata pirata! o bandido máis goloso de todos… Montado no seu cabalo, rouba a comida dos viaxeiros que atopa polo camiño, ata que un día crúzase con alguén máis astuto que el… Un conto de capa e espada, de ladróns e galletas. Unha fabulosa e divertida historia dos autores d'O Grúfalo, acompañada de tres curtametraxes sobre a aventura de crecer:

O TIGRE SEN RAIAS (Raúl Robin Morais) Un pequeno tigre sae a buscar as súas raias perdidas sen saber que o único lugar onde pode atopalas é en si mesmo.

DOUS TRANVÍAS ( Svetlana Andrianova) Seguimos o proceso de aprendizaxe dun pequeno tranvía que, aos poucos, deixará atrás a mocidade e entrará na idade adulta mentres asume o envellecemento do seu pai.
KUAP ( Nils Hedinger) Un pequeno cágado, que ten présa por converterse en ra, comprende que a vida está chea de oportunidades para crecer.

A partir de 3 anos

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: The Highway Rat
  • Ano: 2018
  • Duración: 55 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Jeroen Jaspaert
  • Guión: Conto: Julia Donaldson e Alex Scheffer
  • Distribuidora: Rita & Luca Films
Annie 2018 (nominada a mellor especial de animación)