A ovella Shaun: Granxaguedon

A ovella Shaun: Granxaguedon

A ovella Shaun e o resto do rabaño volven á gran pantalla cunha nova e trepidante aventura. A granxa poñerase patas arriba cando apareza a pequena e adorábel alieníxena Lu-La. Esta travesa e curiosa extraterrestre chegará por sorpresa e de seguida fará boas migas coa ovella Shaun. Iso si, Lu-La bota de menos o seu fogar e síntese moi perdida, por iso Shaun e todo o rabaño poñeranse mans á obra para axudarlle a volver cós seus. ¿Conseguirá o rabaño levar a cabo  a súa misión nesta aventura extraterrestre?

  • Título orixinal: Shaun the Sheep Movie: Farmageddon
  • Ano: 2019
  • Duración: 86 minutos
  • Idioma orixinal: Sen idioma
  • Dirección: Will Becher, Richard Phelan
  • Guión: Jon Brown, Mark Burton
  • Montaxe: Sim Evan-Jones
  • Dirección de arte: Richard Edmunds, Matt Sanders
  • Música: Tom Howe
  • Fotografía: Animation, Charles Copping
  • Produtora: Aardman Animations , Amazon Prime Video , Studiocanal
  • Distribuidora: Vértice
British Independent Film Awards (BIFA) 2019