A metamorfose dos paxaros
- DUPLEX x EOI
- Patrimonio e repertorio
- +7
A metamorfose dos paxaros
- DUPLEX x EOI
- Patrimonio e repertorio
- +7
Beatriz e Henrique casaron o día que ela cumpriu 21 anos. Henrique, oficial da mariña, pasa longas temporadas no mar. En terra, Beatriz, que sempre tivo unha relación moi especial coas plantas, coida dos seus 6 fillos. O maior, Jacinto, soña a miúdo con ser un paxaro. Un día, de súpeto, Beatriz desaparece.
Jacinto é o pai da directora Catarina Vasconcelos, cuxa nai faleceu cando ela tiña 17 anos. A memoria dos avós, os principios vitais de Beatriz, os voos oníricos de Jacinto, a perda e a imaxinación de Catarina constrúen este fermoso conto cinematográfico, entre o fantástico e a autobiografía, coma un fogar para as pantasmas e para os seus recordos.
- Título orixinal: A metamorfose dos passaros
- Ano: 2020
- Duración: 101 minutos
- Idioma orixinal: Portugués
- Dirección: Catarina Vasconcelos
- Elenco: Manuel Rosa, João Móra, Ana Vasconcelos, Henrique Vasconcelos, Inês Melo Campos, Catarina Vasconcelos, Cláudia Varejão, José Manuel Mendes, João Pedro Mamede
- Produtora: Primeira Idade
- Distribuidora: Atalante