A illa das mentiras
- Estrea
- +12
A illa das mentiras
- Estrea
- +12
Que acontece logo dun naufraxio no lugar que o contemplou e viviu todo? A noite do 1 de xaneiro de 1921, en medio dunha espesa néboa, o vapor El Santa Isabel, con 260 emigrantes con destino Bos Aires, afundiuse fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora, na provincia da Coruña. Esa noite non había homes na illa, estaban celebrando o Nadal en terra firme.
A única esperanza dos superviventes que loitaban por non se estrelar contra as rochas eran as poucas mulleres, vellos e nenos que vivían nesta illa.
Tres mozas da illa deciden lanzarse á mar nunha pequena embarcación tradicional. Remando só de oído, debido á espesa néboa e á noite pechada, logran salvar 50 persoas.
Todo o que acontece desde esa noite vai sacudir y cambiar para sempre este lugar.
Un xornalista arxentino acode á illa para cubrir a noticia do naufraxio. Aos poucos comproba que esa noite sucedieron demasiadas terríbeis “casualidades” na illa.
Son moitas as incógnitas que hai que resolver e á illa resultaralle imposíbel seguir sendo unha illa.
- Título orixinal: La isla de las mentiras
- Ano: 2020
- Duración: 93 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Paula Cons
- Guión: Paula Cons, Luis Marías
- Elenco: Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti, Victoria Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo Taboada, Celso Bugallo, Machi Salgado, Leire Berrocal, Javier Tolosa, Sergio Quintana, Miguel Borines, Roberto Leal, Ana Santos, Mela Casal
- Montaxe: Julia Juaniz
- Dirección de arte: Antonio Pereira
- Vestiario: Eva Camino
- Son: Xabi Agirre
- Fotografía: Aitor Mantxola
- Produtora: Agallas Films, ETB, Historias del Tío Luis, ICAA, Televisión Española (TVE), Televisión de Galicia (TVG), (España), Aleph Cine, INCAA, Ibermedia (Arxentina)
- Distribuidora: Filmax