A historia da miña muller

  • Estrea
  • +12

A historia da miña muller

  • Estrea
  • +12

O capitán de barco Jakob Störr (Gijs Naber) aposta cun amigo nunha cafetería que casará coa primeira muller que entre pola porta… e faino coa misteriosa e sensual Lizzy (Léa Seydoux). A atracción é mutua e instantánea e, contra todo prognóstico, “consegue” o seu obxectivo. O introvertido capitán non sospeita que beberá os ventos por esta ‘femme fatale’… mais recollerá tempestades. As medias verdades e cambios de ánimo de Lizzy farán que Jakob se pregunte se a súa esposa lle é infiel co bohemio Dedin (Louis Garrel), desatando un maremoto de emocións, obsesións e desenganos. Unha brillante e paixonal historia de amor sobre os estragos dos celos e a soidade dentro da parella.

 

O filme inspírase na novela de Milán Füst «A historia da miña muller». Milán Füst é un autor húngaro que na liña de Kafka ou Proust describiron o desconcerto do home moderno ante un mundo en construción.

  • Título orixinal: The Story of My Wife
  • Ano: 2021
  • Duración: 169 minutos
  • Idioma orixinal: Inglés
  • Dirección: Ildikó Enyedi
  • Guión: Ildikó Enyedi (Novela: Milán Füst)
  • Elenco: Léa Seydoux, Gijs Naber, Louis Garrel, Jasmine Trinca, Josef Hader, Udo Samel
  • Montaxe: Károly Szalai
  • Dirección de arte: Imola Láng
  • Vestiario: Andrea Flesch
  • Música: Adam Balazs
  • Fotografía: Marcell Rév
  • Produtora: Inforg-M&M Film Kft, arte France Cinéma, Dorje Film, Komplizen Film, Moliwood Films srl, Pyramide Productions, Maximus Distribution
  • Distribuidora: Bteam Pictures
Cannes 2021 (sección oficial)