A estrela dos simios

A estrela dos simios

Non hai nada que Jonna desexe máis que ter unha nai. Os seus 8 anos de vida pasounos no orfanato Punta en Blanco. Un día chega un vello Volvo Amazon do que aparece unha gorila que elixe a Jonna para que vaia a vivir con ela. Vanse xuntas e deseguida danse conta que teñen máis cousas en común do que pensaban. Pero xusto cando están mellor, aparece Tord, do goberno municipal, e as ameaza con devolver a Jonna ao orfanato.

A partir de 6 anos

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: Apstjärnan
  • Ano: 2021
  • Duración: 75 minutos
  • Idioma orixinal: Sueco
  • Dirección: Linda Hambäck
  • Guión: Guión Janne Vierth, libro: Frida Nilsson
  • Música: Minna Weurlander & Tania Naranjo
  • Fotografía: Tania Naranjo, Minna Weurlander
  • Produtora: Lee Film, MikroFilm, NØRLUM, Dockhus Animation
  • Distribuidora: Pack Màgic
Xixón 2021 (Premio Enfants Terribles á Mellor longametraxe), Annecy 2021, Mi Primer Festival 2021