A barca do vento

A barca do vento

Patouille e as sementes do paracaídas [Patouille, des graines en parachute] Inès Bernard-Espina, Mélody Boulissière e Clémentine Campos | Francia | 6': Patouille é un ser diminuto e vive en harmonía coas plantas da natureza. Co seu amigo Momo descobre como son estas plantas.
Pingas [Dråberne] Sarah Joy Jungen e Karsten Kjærulf-Hoop | Dinamarca |  4’ 49'': Nesta historia coñecemos a unha pequena comunidade de pingas que forman parte do ciclo da auga e que perseguen ás nubes para converterse en choiva. Vemos como viven e esfórzanse para poder seguir chovendo, pero un día téñense que enfrontar a un feito inevitable, deixou de chover. Decátanse da grandeza da súa existencia cando sae o sol e ven que non se teñen que preocupar por nada.

Maïja. Arthur Nollet, Maxime Faraud, Mégane Hirth, Emma Versini, Julien Chen e Pauline Charpentier | Francia | 7' 37'': Nas illas do norte, unha nena que se chama Maïja espera que o seu pai, que é pescador, regrese de faenar no mar. Pero cada vez fai máis mal tempo e o seu pai aínda non volveu.
Moules frites. Nicolas Hu | Francia | 26':
Noa ten 9 anos cando viaxa á illa de Benac’h, na Bretaña francesa, para estar coa súa nai. En canto chega, decátase de que todos os pequenos e pequenas que alí viven xa se coñecen e a meirande parte sabe ir nun barco de vela. Noa tamén quere probar. Pero a súa nai non ten para inscribila nas clases de vela.
Este programa de curtametraxes é un canto á diversidade estética e unha viaxe a diferentes paisaxes físicas e emocionais que nos fan apreciar a grandeza da natureza e a necesidade de vivirmos en concordia.
Os filmes desta sesión, dobrados ao español, exhíbense tamén con subtítulos, para fomentar a lectura e facelos accesibles a nenas e nenos con dificultades auditivas.

Recomendado para crianzas de 6 anos en diante.

Entrada gratuíta a adquirir no despacho de billetes antes da proxección.

Co apoio da Concellaría de Cultura do Concello de Ferrol

  • Título orixinal: La barca del viento. Noa y otros cuentos
  • Ano: 2022
  • Duración: 52 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: VV.AA.
  • Distribuidora: Pack Màgic