14 días, 12 noites
- Estrea
- TP
14 días, 12 noites
- Estrea
- TP
Isabelle (Anne Dorval) decide emprender unha viaxe a Vietnam, terra natal da súa filla adoptiva Clara, coa esperanza de volver conectar emocionalmente con ela. Ao longo desta fermosa aventura, Isabelle descobre o país da súa filla a través dos ollos da muller que a trouxo a este mundo. Esta sorte de pelerinaxe leva as dúas mulleres a desvelar os seus segredos máis íntimos e construír un camiño para seguir adiante.
14 días, 12 noites é unha travesía sublime que examina a influencia da cultura, a identidade, o perdón e a extraordinaria amizade entre dúas mulleres, consolidada polo amor mutuo que comparten pola mesma filla.
- Título orixinal: 14 jours, 12 nuits
- Ano: 2019
- Duración: 99 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Jean-Philippe Duval
- Guión: Marie Vien
- Elenco: Anne Dorval, François Papineau, Leanna Chea, Laurence Barrette
- Montaxe: Myriam Poirier
- Dirección de arte: Philippe Lord
- Son: Christian Rivest
- Música: Bertrand Chénier
- Fotografía: Yves Bélanger
- Produtora: Attraction Images
- Distribuidora: Adso Films
Oscars 2021 (candidata ao mellor filme internacional)