10 de marzo

  • Estrea
  • +7

10 de marzo

  • Estrea
  • +7

A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.


O filme aborda todo o proceso de penetración das comisións obreiras e do partido comunista dentro do estaleiro Bazán, as tensións na negociación do convenio, os acontecementos dos días 9 e 10 de marzo e a repercusión internacional dos mesmos, así como o chamado “Proceso dos 23” no que os principais dirixentes obreiros foron xulgados tres anos máis tarde.


Mergullando ao espectador nun relato tan trepidante como emotivo, 10 DE MARZO reconstrúe a través de entrevistas cos protagonistas, materiasl de arquivo audiovisual inédito e ficcións de época, uns feitos que supuxeron un punto de inflexión na sociedade galega no seu enfrontamento coa ditadura.


Os creadores da exitosa ‘Vigo 1972’ volven afondar na historia galega contemporánea con este novo filme documental.

Pase especial 11 de marzo ás 12:00 con presentación de Sari Alabau e moderación da xornalista Marta Corral. 

  • Título orixinal: 10 de marzo
  • Ano: 2022
  • Duración: 80 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Roi Cagiao
  • Guión: Roi Cagiao, Iñaki Varela
  • Montaxe: Damián Varela, Roi Cagiao
  • Dirección de arte: Isabel Fernández
  • Vestiario: Isabel Fernández
  • Son: Jorge G. Colado
  • Música: Iván Salgado
  • Fotografía: Damián Varela
  • Produtora: Arthur Gordon
  • Distribuidora: Arthur Gordon