
O oficial e o espía
- DUPLEX x EOI
- Estrea
- +7
Pase único 27 de novembro
O oficial e o espía
- DUPLEX x EOI
- Estrea
- +7
Cando en 1895, Georges Picquart é ascendido a xefe da Intelixencia Militar do Exército francés, descobre que as probas que se utilizaron para condenar a Alfred Dreyfus, un dos poucos xudeus membros da Armada Francesa, foron fraudulentas e que Dreyfus nunca pasou información militar confidencial ao Imperio Alemán. Picquart decide entón inverter unha década da súa vida en demostrar que Dreyfus é inocente aínda que poña en risco a súa carreira.
Filme escrito e dirixido por Roman Polanski (O Escritor), cun guión baseado na novela de Robert Harris.
- Título orixinal: J'accuse
- Ano: 2019
- Duración: 126 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Roman Polanski
- Guión: Roman Polanski (Novela: Robert Harris)
- Elenco: Jean Dujardin, Louis Garrel, Emmanuelle Seigner, Grégory Gadebois, Hervé Pierre, Wladimir Yordanoff, Didier Sandre, Melvil Poupaud, Eric Ruf, Mathieu Amalric
- Música: Alexandre Desplat
- Fotografía: Pawel Edelman
- Distribuidora: Caramel Films
Festival de Venecia 2019 (Gran Premio do Xurado e Premio FIPRESCI)
Premios do Cine Europeo 2019 (Nomeada a mellor filme, director, guión e actor)




