Retrospectiva Ingmar Bergman

Filmes

Ver programación
Pase único 26 de decembro

O sétimo selo

Ingmar Bergman

Suecia, mediados do século XIV. A Peste Negra asola Europa. Tras dez anos de inútiles combates nas Cruzadas, o cabaleiro sueco Antonius Blovk e o seu leal escudeiro regresan de Terra Santa. Ler máis

Pase único 9 de xaneiro

Amorodos salvaxes

Ingmar Bergman

O profesor Borg, un eminente médico, debe ir a Estocolmo para recibir unha homenaxe da súa universidade. Sobrecollido, tras un soño no que contempla o seu propio cadáver, decide emprender a viaxe en coche coa súa nora. Ler máis

Pase único 14 de xaneiro

O rostro

Ingmar Bergman

Suecia, mediados do século XIX. O doutor Vogler viaxa coa súa compañía de artistas ambulantes. Ao pasar por unha cidade convértense no branco das burlas e humillacións dun comité encabezado polo cínico doutor Vergerus, un médico que lle pide a Vogler unha representación. Ler máis

Proximamente

Sonata de outono

Ingmar Bergman

Charlotte (Ingrid Bergman) é unha famosa concertista de piano que estivo tan volcada na súa carreira que non viu a súa filla Eva (Liv Ullmann) en sete anos. Ler máis

Proximamente

Persona

Ingmar Bergman

Elisabeth, unha célebre actriz de teatro, é hospitalizada tras perder a voz. Alma, a enfermeira encargada de coidala, tenta romper o seu mutismo falándolle sen parar. Ler máis

Pase único 28 de xaneiro

Coma nun espello

Ingmar Bergman

Durante un fermoso verán, un escritor de temperamento frío e distante, vai pasar uns días cos seus fillos, un adolescente e unha moza con problemas mentais, que está casada cun médico que a coida con gran ternura. Ler máis

Proximamente

O silencio

Ingmar Bergman

Ester, súa irmá Anna e o seu sobriño Johan atravesan en tren un país estranxeiro e sombrío cando deben deterse nun escuro hotel. Mentres Ester trata de reprimir a atracción sexual que lle inspira Anna, esta sae en busca de sensacións que a liberen do tedio e a anguria. Ler máis

Proximamente

A vergoña

Ingmar Bergman

Fuxindo da guerra civil que asola o seu país, Jan e Eva Rosenberg, dous músicos, van vivir a unha illa completamente apartados do mundo. Ler máis

Proximamente

Paixón

Ingmar Bergman

Andreas, un home desconectado do mundo despois do seu divorcio, retírase a vivir a unha pequena illa do Báltico. Alí coñece unha parella de artistas que está en plena desintegración e unha moza e inestábel viúva. Ler máis

Proximamente

Gritos e murmurios

Ingmar Bergman

Tres irmás reúnense na vella mansión familiar ante a proximidade da morte dunha delas. Unha vez na casa comezan a lembrar o pasado e cando a enferma entra en agonía desvela a parte máis escura e tortuosa da súa vida. Ler máis

Proximamente

A frauta máxica

Ingmar Bergman

Adaptación televisiva da famosa ópera de W. A. Mozart. O príncipe Tamino enamorou da princesa Pamina, pero esta foi secuestrada por Sarastro. A nai da princesa, a Raíña da Noite, incítao a rescatala, prometéndolle que se o consegue poderá casar con ela. Ler máis

Proximamente

Documento sobre Fårö 1979

Ingmar Bergman

Entretecendo escenas de extraordinaria beleza con entrevistas e rigorosas secuencias representando as tarefas diarias, os costumes e rituais en Fårö, Bergman desenvolve un complexo, infravalorado e amoroso retrato da súa pequena illa. Ler máis

Proximamente

Fanny e Alexander

Ingmar Bergman

No Nadal de 1907 Oscar Ekdahl, integrante dunha numerosa familia liberal dedicada ao teatro, enferma e falece pouco tempo despois, deixando unha viúva, Emilie, e dous fillos, Fanny e Alexander. Ler máis

Un verán con Mónica

Ingmar Bergman

Harry está farto do seu traballo e Mónica non atura a súa familia. Un día deciden abandonalo todo e fuxir a bordo dunha pequena barca ás illas dun pequeno arquipélago, vivir intensamente o seu amor. Ler máis

Noite de circo

Ingmar Bergman

Albert, o propietario dun circo, abandona a súa familia para entregarse a Anne, unha orgullosa e apaixonada amazona que mantén relacións esporádicas cun mozo e neurótico actor. Ler máis

Soños

Ingmar Bergman

Susanne é dona dunha axencia de modelos en Estocolmo. Doris, a súa modelo máis popular, ten unha discusión co seu mozo, Palle, xusto antes de que ela vaia con Susanne a Gotemburgo para ser fotografada nunha nova colección. Ler máis