En carteleira

Ver histórico de filmes

Falling

Viggo Mortensen

John Peterson vive co seu marido Eric e a súa filla adoptiva, Monica, en California. Willis, o seu pai, un granxeiro solitario e conservador, accede a viaxar a Los Ángeles e quedarse na casa de John mentres busca o lugar idóneo para xubilarse. Ler máis

A illa das mentiras

Paula Cons

A noite do 1 de xaneiro de 1921, en medio dunha espesa néboa, o vapor El Santa Isabel, con 260 emigrantes con destino Bos Aires, afundiuse fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora. Tres mulleres, cos homes en terra firme celebrando o Nadal, lánzanse ao mar e logran salvar 50 persoas. Un xornalista acode ao lugar para cubrir a noticia do naufraxio. Aos poucos comproba que esa noite sucedieron demasiadas terríbeis “casualidades”. Ler máis

Akelarre

Pablo Agüero

País Vasco, 1609. Os homes da rexión marcharon á mar. Ana participa nunha festa no bosque con outras mozas da aldea. O xuíz Rostegui, encomendado polo Rei para purificar a rexión, arréstaas e acúsaas de bruxería. Ler máis

Verán do 85

François Ozon

Alexis, a piques de cumprir 16 anos, case afoga ao volcar o seu barco na costa de Normandía. David, de 18 anos, sálvao heroicamente. Alexis acaba de coñecer o amigo dos seus soños. Mais durará ese soño máis dun verán? O verán do 85. Ler máis

Corpus Christi

Jan Komasa

Daniel quere ser sacerdote, mais isto é imposíbel debido aos seus antecedentes penais. Cando é enviado traballar a un taller de carpintería nunha pequena cidade, á súa chegada viste de sacerdote e faise cargo accidentalmente da parroquia local. Ler máis

Vitalina Varela

Pedro Costa

Vitalina aterra en Lisboa tres días despois do funeral do seu marido Joaquim. Foi campesiña durante toda a súa vida en Cabo Verde e estivo agardando ese billete de avión máis de 25 anos para reunirse con el. Ler máis

Estrea 23 de outubro

La voz humana

Pedro Almodóvar

Unha muller ve pasar as horas xunto ás maletas do seu examante (que virá recolles, pero nunca chega) e un can inquedo que non entende que o seu amo o abandonara. Ler máis

Pase único 3 de novembro

Manon Lescaut

Antonio Pappano (música), Jonathan Kent (escena)

Esta obra mestra de Puccini retorna ao Covent Garden tras unha ausencia de máis de 20 anos. Nunha nova produción de Jonathan Kent baixo a batuta do director de orquestra Antonio Pappano. A apaixonante soprano letoa Kristine Opolais no papel principal comparte reparto estelar con Jonas Kaufman como o seu amante e Christopher Maltman como o seu cínico irmán Lescaut. Ler máis

Ópera e ballet

Pase único 4 de novembro

Pola liberdade

Ersin Çelik

Zilan volve á súa cidade natal buscando a memoria do seu irmán asasinado polo ISIS, mais todo mudou. Verase envolto nunha loita de resistencia cun grupo de mozos contra policía e exército, que atacan o seu barrio con forza brutal. Ler máis

DUPLEX presenta

Estrea 6 de novembro

Martin Eden

Pietro Marcello

Martin Eden, obreiro, namora de Elena, burguesa. Para conquistar a culta e refinada rapaza, decide obter unha educación, mais isto achégao a círculos socialistas que crean friccións coa súa familia. Adaptación do relato de Jack London. Ler máis

Pase único 10 de novembro

Bicos roubados

François Truffaut

Antoine é expulsado do exército por insubordinación e visita a súa antiga moza, Christine Darbon. O pai de Christine atopa un traballo temporal para Antoine. Porén, por culpa dun detective privado, perde o emprego o primeiro día. Como compensación, o detective ofrécelle un traballo na súa axencia. Ler máis

François Truffaut: O pracer da mirada

Estrea 13 de novembro

Nieva en Benidorm

Isabel Coixet

Peter Riordan é un home solitario, maniático e metódico, obsesionado polos fenómenos meteorolóxicos. Cando lle dan a xubilación anticipada no banco de Manchester no que traballou toda a súa vida decide visitar ao seu irmán, Daniel, que vive en Benidorm. Ler máis

Estrea 13 de novembro

Ondina

Christian Petzold

Ondina é unha guía que explica o desenvolvemento urbano de Berlín a turistas nacionais e internacionais. Mais cando o seu amante a abandona, o antigo mito apodérase dela e só lle queda regresar ás augas. Ler máis

Proximamente

El año del descubrimiento

Luis López Carrasco

En 1992 suceden en España dous eventos fundamentais: os Xogos Olímpicos de Barcelona e a Exposición Universal de Sevilla. Porén, en Cartaxena, os disturbios e protestas polo peche de fábricas e o desmantelamento industrial adquiren unha violencia crecente até acabar co incendio do parlamento rexional con cócteles Molotov. Ler máis

DUPLEX presenta

Pase único 26 de novembro

Macbeth

Antonio Pappano (música), Phyllida Lloyd (escena)

Antonio Pappano dirixe a orquestra e coro da Royal Opera House. A principal novidade desta produción é a participación de Anna Netrebko, como Lady Macbeth, un dos papeis principais desta ópera. A soprano rusa lidera un elenco no que ademais destaca o barítono Zeljo Luji como Macbeth, e el barítono baixo italiano Ildebrando Arcangel, como Banquo. Ler máis

Ópera e ballet

Pase único 10 de decembro

O crebanoces

Peter Wright por Lev Ivanov (coreografía), Boris Gruzin (música)

É Noiteboa e Herr Drosselmeyer o mago traslada á moza Clara a unha aventura de fantasía na que o tempo se para, a sala de estar familiar convértese nun gran campo de batalla, e unha máxica viaxe lévalles desde a Terra dos Flocos de neve á Terra dos Doces. A brillante partitura de Tchaikovsky, os preciosos e festivos deseños de escenario, e a danza cativadora do Royal Ballet, que inclúe un pas de deux exquisito entre o Fada de Azucre e o seu Príncipe, converten a esta versión do Crebanoces na experiencia obrigatoria deste Nadal. Ler máis

Ópera e ballet

Pase único 15 de decembro

O último metro

François Truffaut

Durante a ocupación de París polas tropas alemás, un grupo de actores trata de sacar adiante unha obra de teatro. Ninguén sospeita que no soto do edificio se agocha o director do grupo, un home de orixe xudía que na sombra está a dirixir a obra a través das indicacións que dá á súa muller, que é a protagonista. Ler máis

François Truffaut: O pracer da mirada