En carteleira

Ver histórico de filmes

Dersu Uzala

Akira Kurosawa

O exército ruso envía o capitán Vladimir Arseniev explorar a Siberia máis salvaxe. Alí coñece e faise amigo dun experimentado cazador local, Dersu Uzala. Ler máis

Un branco, branco día

Hlynur Pálmason

Un xefe de policía retirado comeza a sospeitar que un home tivo un romance coa súa esposa, quen recentemente morreu nun accidente automobilístico. Aos poucos, a súa obsesión por descubrir a verdade pono en perigo a si propio e os seus seres queridos. Ler máis

First Love

Takashi Miike

Leo, un boxeador novo que atravesa unha mala etapa, coñece ao seu 'primeiro amor', Monica, unha moza que conserva a súa inocencia a pesar de ser prostituta e drogadicta. Ler máis

Todo pasa en Tel Aviv

Sameh Zoabi

Salam, palestino, pasa todos os días estritos controis israelitas para chegar ao seu traballo, a filmación dunha popular telenovela. A esposa de Assi, comandante do posto de garda no que Salam para a diario, é moi afeccionada ao programa. Assi propón a Salam escribir algún guión para impresionala. Pode que as súas ideas sexan o mellor que lle pasou nunca. Ler máis

Cinema Paradiso

Giuseppe Tornatore

Salvatore, director de cinema de éxito, volve á súa vila natal para asistir ao funeral do seu vello amigo Alfredo, quen foi o proxeccionista do cinema local durante a súa infancia en Sicilia. Axiña os recordos do seu primeiro amor coa bela Elena e de todos os capítulos que marcaron a súa feliz infancia volven á súa mente. Ler máis

Estrea 17 de xullo

A profesora de piano

Jan Ole Gerster

Lara, profesora de piano, agarda moito dun gran concerto que vai dar o seu fillo. Mais Víctor decidiu escoller esta representación para anunciar algo que sorprenderá a máis dun. Ler máis

Estrea 17 de xullo

Under the Skin

Jonathan Glazer

Un extraterrestre no corpo dunha misteriosa muller deambula polas rúas de Escocia, arrastrando a homes solitarios e confiados a un destino fatal. Ler máis

Estrea 24 de xullo

As nosas derrotas

Jean-Gabriel Périot

'As nosas derrotas' ofrece un retrato da nosa vinculación coa política a través dun xogo de reinterpretación a cargo de estudantes de secundaria que reflexionan sobre conceptos como os sindicatos, o capitalismo ou as revoltas sociais mentres interpretan e dirixen extractos de filmes do Maio do 68. Ler máis

Estrea 24 de xullo

Que soe a música!

Peter Cattaneo

Un grupo de mulleres inglesas forman un club de canto. A medida que florecen lazos inesperados de amizade, a música e os risos transforman as súas vidas. Ler máis

Estrea 31 de xullo

Blanco en blanco

Théo Court

No preludio do século XX, Tierra del Fuego é un territorio hostil e violento, onde chega Pedro para fotografar o matrimonio do poderoso latifundista Mr Porter. Acabará sendo partícipe dunha sociedade que convive co xenocidio dos nativos Selknam. Ler máis